Novas

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas no ano 2020, chegou á sala Black Box (A Coruña), onde será presentada nunha charla-coloquio que terá lugar o vindeiro xoves 22 de xullo de 2021, de 19 a 21 horas, e que contará coa presenza dos escritores e escritoras MIGUEL ANXO FERNÁN-VELLO, TAREIXA ROCA, LUIS GARCÍA SOTO e ÁNXELES PENAS. A exposición continuará os días 23 (de 19 a 21 horas) e 24 de xullo (de 12 a 14 horas).

Seguir Lendo →

Hoxe foi presentado na Casa de Cultura de Sarria o libro AQUELA NENA DE SARRIA, de Antonio Giz e Xulio Xiz, editado polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Neste acto participaron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, Reyes Abella, concelleira de Cultura de Sarria, Marcos Arias, irmán de Xela, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Nestes momentos, a exposición AQUELA NENA DE SARRIA, sobre os anos lucenses de Xela Arias, pode visitarse de xeito permanente na Delegación territorial da Xunta de Galicia, pero tamén está ao dispor do alumnado da Escola Oficial de Idiomas, e dos Colexios Fingoi e Franciscanos da capital lucense.

Na provincia, está así mesmo no CEIP Xoán de Requeixo de Chantada, e o luns será inaugurada no IES Gamallo Fierros de Ribadeo.

Seguir Lendo →

O IES Leiras Pulpeiro, de Lugo, acolle desde hoxe a mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

Seguir Lendo →

Co gallo do Día das Letras Galegas, o Colectivo Egeria vén de publicar o libro “AQUELA NENA DE SARRIA”, sobre os anos sarriáns e lucenses de Xela Arias.

Esta obra forma parte do proxecto do mesmo nome, promovido polo Colectivo Egeria, co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración da Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Este proxecto está composto por unha web, unha exposición itinerante que a finais deste mes terá visitado 42 cidades e poboacións de Galicia, e un catálogo que recolle os contidos da exposición.

Seguir Lendo →

42 serán as capitais e poboacións galegas que ata finais do presente mes de maio terán recibido a visita da exposición AQUELA NENA DE SARRIA, promovida polo Colectivo Egeria que, co apoio da Xunta de Galicia -Consellería de Cultura, Educación e Universidade-, iniciou o seu percorrido en Sarria o pasado 4 de marzo, data na que Xela tería cumprido 59 anos.

Seguir Lendo →