Novas

Tivo lugar na Casa do Concello de Lourenzá a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. No acto participaron a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; a xefa territorial da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia en Lugo, María José Gómez; a viúva do escritor, Irene López, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Presentouse na Casa da Cultura de Outeiro de Rei a mostra 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE (1972-2022), proxectada polo Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán (impulsor do Belén de Begonte), apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Begonte, e que resume a vida e actividade deste Belén electrónico que a Xunta declarou en 2014 “de interese turístico galego”.

Seguir Lendo →

O libro PIONEIRAS DE CIENCIAS DE LUGO, da profesora lucense María Isabel Fernández García, foi presentado en Ribadeo no Teatro municipal da localidade, no transcurso dun acto no que actuou o Coro do Sagrado Corazón, dirixido por María del Carmen Rodríguez Cancelo.

Presentou á autora a farmacéutica Montserrat Iglesias, membro do grupo ribadense que colaborou con María Isabel Fernández na investigación efectuada en Ribadeo sobre a vida da primeira “Pioneira de ciencias en Lugo”, a tamén farmacéutica Manuela Barreiro Pico.

Seguir Lendo →

Presentouse na Casa do Concello de Rábade a mostra 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE (1972-2022), proxectada polo Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán (impulsor do Belén de Begonte), apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Begonte, e que resume a vida e actividade deste Belén electrónico que a Xunta declarou en 2014 “de interese turístico galego”.

Seguir Lendo →

Presentouse na Casa da Cultura de Vilalba a mostra 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE (1972-2022), proxectada polo Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán (impulsor do Belén de Begonte), apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Begonte, e que resume a vida e actividade deste Belén electrónico que a Xunta declarou en 2014 “de interese turístico galego”.

Seguir Lendo →

Tivo lugar na Casa do Concello de Abadín a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez.

Seguir Lendo →

Nun acto celebrado na Biblioteca Provincial de Lugo vén de presentarse o libro “MANUEL REGUEIRO TENREIRO, Harmónico bilingüismo… Harmonía vital”, promovido polo Colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia. Xunto co libro foi presentada a web www.manoloregueiro.gal, que recolle íntegros os contidos desta publicación de homenaxe ao profesor Regueiro Tenreiro, filósofo e escritor, no que participan oitenta especialistas, compañeiros e amigos.

Seguir Lendo →

Presentouse na Catedral de Mondoñedo a mostra 50 ANOS DO BELÉN DE BEGONTE (1972-2022), proxectada polo Colectivo Egeria e o Centro Cultural José Domínguez Guizán (impulsor do Belén de Begonte), apoiada pola Xunta de Galicia e o Concello de Begonte, e que resume a vida e actividade deste Belén electrónico que a Xunta declarou en 2014 “de interese turístico galego”.

Seguir Lendo →

Tivo lugar na Casa do Concello de Samos a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. No acto participaron o de alcalde de Samos, Julio Gallego, o alcalde de Paradela, José Manuel Mato, a viúva do escritor, Irene López, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

O IES Fontem Albei da Fonsagrada acolleu a presentación da mostra itinerante “Aquela nena de Sarria”, un proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas, e que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

Seguir Lendo →