Proxecto Manuel Rodríguez López

Manuel Rodríguez, foi nomeado Fillo Predilecto de Paradela, dá nome á Casa de Cultura daquel Concello, e tamén a un Certame Literario que promove o concello que este ano celebra a súa XXIV edición.


Falecido en 1990, gárdase del unha fresca memoria pola incidencia especial da súa obra, tanto en Paradela como en Cataluña, xa que en Cataluña exerceu de galego consciente, e se alí desenvolveu o seu labor cultural ollando cara Galicia, o seu idioma foi sempre o galego, poñendo en valor o seu idioma precisamente nun ambiente catalán onde tantos emigrantes galegos precisaban de apoio moral para sentirse fortes, valorados e cunha cultura propia nun ambiente fortemente influenciador no que sempre logrou brillar con luz propia, e que os galegos cataláns tivesen expresión e voz, dentro e fóra daquel territorio.

Por iso preparamos unha exposición titulada MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, EMIGRANTE GALEGO-POETA OBREIRO, para difundir o especial papel deste escritor na poesía de Galicia do século XX, traballando sobre os temas da emigración, dos obreiros, da traxedia de ter que deixar a terra, das posibilidades de volta… Unha exposición así é única no seu xénero, e ningún escritor galego –vivo ou do pasado- recibe unha homenaxe coma esta polas dificultades que unha acción deste tipo supón, e porque habitualmente as homenaxes son fugaces, puntuais, e non con visión de futuro e transcendencia temporal.


Na viaxe itinerante desta exposición durante 2019, vai ter os seguintes destinos: Guntín (Colabora o Colexio Tino Grandío, desta localidade), Rábade (Colexio Otero Pedrayo), Muimenta (Organización da Moexmu), Llodio, País Vasco (Centro Galego), Monforte de Lemos (D.O. Ribeira Sacra), Foz (Centro de Interpretación da Mariña), Sevilla (Lar Galego), Pamplona (Centro Galego) e Santander (Centro Galego).

Data
2012 - 2019
Colaboramos con
GaliciaDigital
Concello de Paradela
Deputación de Lugo
Xunta de Galicia
C.R.D.O. Ribeira Sacra
Tarefa
Apoio na xestión da exposición itinerante.
Web do Proxecto
http://www.manuelrodriguezlopez.org