Douscentos anos do Concello de Paradela

O Bicentenario do Concello de Paradela vaise celebrar cunha serie de actos socioculturais, organizados polo Colectivo Egeria, dos que pola súa relevancia destacamos:

- 3 exposicións: Dúas delas -Paradela, senda infinita e Manuel Rodríguez López,2.0- percorrerán o Camiño Frances (de Pedrafita a Compostela), Lugo e a Coruña.

- Ciclo de cine sobre o Camiño e ciclo de conferencias sobre Paradela e o Camiño Francés.

- 5 libros: “A Paradela dos máis novos”, escrito por mozos paradelenses, con ilustracións de Fani Padullés; “Xesús Mato, 90 anos, creador hai medio século de Fuxan os Ventos”; “Vocabulario de Paradela”, reedición do estudio de Manuel Ramiro Pallares; libro do XXVII Certame Manuel Oreste, cos traballos premiados; e Libro-resume do Bicentenario.

- 4 catálogos e monografías: Cadanseu catálogo cos contidos íntegros das exposicións, e a publicación de Xaime Félix López Arias sobre os primeiros 200 anos do Concello.

- Homenaxe aos Músicos de Paradela cunha xuntanza das Bandas de Paradela e a “Sons e soños” de Begonte, Rábade, Outeiro de Rei e Friol; aos Peregrinos do Camiño Francés, e aos Maiores, gravando no video “Lembrando Paradela” recordos das súas vidas.

- Recuperación das romarías das Dores, Penarredonda e Castro de Rei de Lemos, e entregaranse distincións a paradelenses destacados.

- O monumento ao Cabaleiro de Santiago terá como contrapunto o monolito que se erguerá diante da Casa do Concello para lembrar estes 200 anos que hoxe empezamos a celebrar.

- Xornada dedicada á natureza, camiñando polo Camiño vello de Aldosende, e outra en bicicleta polos vieiros do Concello.

- En Internet, a web do Concello terá unha especial sección dedicada ao Bicentenario, e crearase unha web homenaxe aos 50 anos de Fuxan os Ventos na persoa do seu creador, Xesús Mato, fillo predilecto de Paradela.

Data
Xuño - Decembro 2022
Colaboramos con
GaliciaDigital
Concello de Vilalba
Xunta de Galicia
Endesa
Tarefa
Deseño, planificación e coordinación de actividades
Exposicións
Exposición Paradela, Senda Infinita
Exposición Manuel Rodríguez López 2.0
Exposición Do Tempo das Luces
Libros
A Paradela dos máis novos
Máis información
Concello de Paradela