Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero

O lucensismo de Fraguas (1950-1959) e Carballo Calero (1950-1965) non se refire só ao tempo que viviron, crearon e triunfaron en Lugo.

Fraguas chega a Lugo despois de sufrir ostracismo educativo e social polo seu galeguismo, como Catedrático do Instituto Masculino, destaca no Instituto, intégrase na cidade, e transmite un maxisterio de coñecementos e bonhomía que os seus antigos alumnos gardan como un tesouro.

Carballo Calero chega a Fingoi da man do financeiro Antonio Fernández para crear un colexio mixto enraizado no cerne do país.

E o republicano que pasara dous anos no cárcere e fora arredado do ensino oficial, ensina e goberna o Colexio polo que pasaron centos de lucenses que sempre lembrarán aquel especial profesor.

Os dous, no seu tempo lucense, afianzáronse vital e intelectualmente e sentaron as bases para converterse en piares fundamentais da cultura e sociedade galegas.

A R.A.G. dedicou a estes dous senlleiros galegos os días das Letras dos anos 2019 e 2020. E a Xunta de Galicia, con cadansúa mostra itinerante que neste proxecto se amosan conxuntas, honra as figuras destes persoeiros irrepetibles, vencellados para sempre a Lugo e as súas xentes.

Data
Setembro - Decembro 2020
Colaboramos con
Xunta de Galicia
Real Academia Galega
Tarefa
Exposición itinerante e folleto informativo
Webs
www.fraguasenlugo.org
www.carballocaleroenlugo.org
Libros
Os nove anos de Fraguas en Lugo
Carballo Calero en Lugo