Novas

Foi inaugurada no Cárcere Comarcal de Sarria (Lugo) a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Seguir Lendo →

O pasado luns 25 de novembro chegou a Ferrol a exposición "800 anos da Catedral de Mondoñedo", unha mostra itinerante que consta de 12 paneis en galego e castelán, impulsada pola diocese de Mondoñedo-Ferrol, patrocinada pola Xunta de Galicia, e realizada polo Colectivo Egeria. Dirixida por Pedro Díaz Fernández, Ramón Otero Couso e Félix Villares Mouteira, está previsto que nos próximos meses percorra diversos lugares dentro da diocese.

800 anos da Catedral de Mondoñedo

Seguir Lendo →

Foi presentado no IES Pedregal de Irimia de Meira (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron o vicedirector do centro, Óscar Trigo, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Onte foi presentada na capela de San Fiz de Solovio, a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. Estiveron presentes no acto Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago, Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021,  Isaías Calvo, director da S.A. de Xestión do Plan  Xacobeo, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Foi presentado no IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron a vicedirectora do centro, Paula Sentandreu, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Foi presentado no IES de Becerreá (Lugo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". Ao acto asistiron Antón Bao en representación do centro educativo, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Este domingo foi inaugurada na Igrexa Parroquial de A Estación (Monforte de Lemos) a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Seguir Lendo →

Foi presentado no Concello de Cerdedo-Cotobade (sede de Carballedo) o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". No acto participaron o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, os sobriños de Antonio Fraguas, Avelino e José Carlos Martínez, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

Foi presentado no Centro Galego de Salamanca o proxecto-homenaxe "OS NOVE ANOS DE FRAGUAS EN LUGO". No acto participaron o presidente e o vicepresidente do centro, José Ignacio Paz e Fernando Pampín, a viúva de Manuel Regueiro, promotor desta iniciativa (Maite Pérez), e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

O xoves 24 de outubro tivo lugar no Centro Galego de Santander a presentación da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. No devandito acto participaron o presidente do Centro, José Antonio Otero, o concelleiro do Concello de Santander Victoriano González e o director de GaliciaDigital (Antonio Giz).

Seguir Lendo →