Novas

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, chegou ao IES Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo), onde foi presentada a un grupo de alumnos do centro.

Seguir Lendo →

O colectivo Egeria ven de poñer en funcionamento a páxina web www.manoloregueiro.gal, en homenaxe ao profesor Manuel Regueiro Tenreiro, que faleceu a mediados do ano 2019, despois de promover a homenaxe que Lugo e os antigos alumnos do profesor Antonio Fraguas e Fraguas lle renderon ao escritor co gallo de serlle dedicado o Día das Letras daquel ano.

Seguir Lendo →

Foi inaugurada hoxe na Casa da Concello de Lourenzá a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. No acto participaron Rocío López, alcaldesa de Lourenzá, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, chegou onte luns, 2 de novembro, á Biblioteca de Viveiro (Lugo). Na presentación participaron o tenente de alcalde, Suso Fernández, a concelleira de Cultura, Lara Fernández-Noriega, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Foi inaugurada hoxe na Casa da Cultura de Chantada a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. No acto participaron Manuel Varela, alcalde de Chantada; Ramón Rodríguez Porto, membro do Colectivo Egeria e responsable de Adegas Terras Bendaña e do premio Moncho do Pío; María Luisa García, bibliotecaria do Concello; e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, chegou hoxe luns, 26 de outubro, á Casa da Cultura de Vilalba (Lugo). Na presentación participaron Vanesa Siso, concelleira de Cultura, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Onte foi presentado na Biblioteca Provincial de Lugo o libro “Don Ricardo de Fingoi”, sobre os quince anos lucenses de Ricardo Carballo Calero. Á presentación asistiron vinte persoas que se inscribiron telematicamente e que completaron o aforo legalmente permitido.

Participaron no evento Javier Arias, delegado da Xunta de Galicia en Lugo; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Magalí Carballo, filla do escritor; Asunción Fernández (Siña), directora do Colexio Fingoi; e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Foi inaugurada onte martes no Centro Sociocultural do Concello de Sober a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. No acto participaron Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober; Raúl Otero, párroco de Sober; Aida Menéndez, presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra; Julia Fernández Garza, bibliotecaria do Concello; e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

A exposición 'Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero' abre a semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Compleméntase cunha exposición na Biblioteca Pública Provincial e a presentación, o xoves, dun libro con lembranzas do paso do escritor polo colexio de Fingoi, todo elo baixo o paraugas do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo ao longo deste ano a asociación cultural co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Seguir Lendo →

Foi inaugurada no Concello de Vilalba a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. No acto participaron, Elba Veleiro, alcaldesa de Vilalba, Vanesa Siso, concelleira de Cultura, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, ademais doutros membros da corporación municipal.

Seguir Lendo →