Novas

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada onte no Ateneo Ferrolán, onde permanecerá ata o vindeiro luns. Ao acto de inauguración asistiron a presidenta do Clube de Prensa de Ferrol, Julia Díaz Sixto, o presidente do Ateneo, Xabier Montero Dongill, o concelleiro de Cultura de Ferrol, Antonio Golpe Díaz, o secretario xeral de política lingüística, Valentín García Gómez, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Chega á Casa do Concello de Ortigueira (A Coruña) a exposición "800 anos da Catedral de Mondoñedo", unha mostra itinerante que consta de 12 paneis en galego e castelán, impulsada pola diocese de Mondoñedo-Ferrol, patrocinada pola Xunta de Galicia, e realizada polo Colectivo Egeria. Dirixida por Pedro Díaz Fernández, Ramón Otero Couso e Félix Villares Mouteira, está previsto que nos próximos meses siga percorrendo diversos lugares dentro da diocese.

800 anos da Catedral de Mondoñedo

Seguir Lendo →

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada hoxe na Biblioteca Miguel González Garcés, da Coruña, onde permanecerá ata o vindeiro venres. Ao acto de inauguración asistiron Marisol González Regal, directora da biblioteca; Marisol Truque, antiga alumna de Carballo Calero; Xosé María Gómez Vilabella, escritor; Siro López Lorenzo, artista gráfico que aportou varios traballos a este proxecto, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria.

Seguir Lendo →

Foi inaugurada na igrexa parroquial de Lalín a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.

Seguir Lendo →

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada hoxe no CEIP Plurilingüe San Miguel de Paradela (Lugo), onde permanecerá ata o vindeiro venres. Ao acto de inauguración asistiron Iago Corral, director do centro; José Manuel Mato, alcalde de Paradela; Adrián Fernández, tenente de alcalde de Paradela, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, ademais dun grupo de alumnos e alumnas do centro.

Seguir Lendo →

Foi inaugurada na igrexa de Santa María A Real do Cebreiro a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. Deste xeito, o proxecto chega ao final da súa primeira fase, na que a exposición percorreu o Camiño Francés en sentido inverso, desde Santiago de Compostela ata O Cebreiro.

Seguir Lendo →

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada hoxe no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria (Lugo), onde permanecerá ata o vindeiro luns. Ao acto de inauguración asistiron José Manuel Valcarce, director do centro, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, ademais dun grupo de alumnos e alumnas do centro.

Seguir Lendo →

Chega á igrexa parroquial de Ribadeo (Lugo) a exposición "800 anos da Catedral de Mondoñedo", unha mostra itinerante que consta de 12 paneis en galego e castelán, impulsada pola diocese de Mondoñedo-Ferrol, patrocinada pola Xunta de Galicia, e realizada polo Colectivo Egeria. Dirixida por Pedro Díaz Fernández, Ramón Otero Couso e Félix Villares Mouteira, está previsto que nos próximos meses percorra diversos lugares dentro da diocese.

800 anos da Catedral de Mondoñedo

Seguir Lendo →

Foi inaugurada no Concello de Triacastela a mostra itinerante “O FIN DO CAMIÑO”, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa “O teu Xacobeo”. No acto participaron, entre outros, Olga Iglesias, alcaldesa de Triacastela, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz.

Seguir Lendo →

A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, foi presentada hoxe na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela, onde permanecerá ata o vindeiro luns. Ao acto de inauguración asistiron Marcelino Agís, decano da Facultade; Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística; Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria, e un grupo de alumnos e alumnas do centro.

Seguir Lendo →